publicidade hoxe

Medio Ambiente executará unha mellora na rede de abastecemento de Covas, en Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeaño
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o Concello de Meaño colaborarán co fin de mellorar a situación do abastecemento no núcleos Aldea de Abaixo e A Igrexa, en Covas.

Este compromiso vén recollido no convenio que asinaron hoxe a titular en materia de medio ambiente do departamento autonómico, Beatriz Mato, e a alcaldesa, Lourdes Ucha, onde se establece que a Xunta achegará un orzamento de 28.000 euros para acometer estes traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Actualmente nestes lugares o subministro de auga para usos domésticos faise con pozos e traídas particulares, e con esta actuación preténdese cubrir este servizo básico con auga procedente da rede de abastecemento municipal, mellorando deste xeito as condicións hixiénicas e o control dos caudais consumidos.

Con esta actuación preténdese mellorar as condicións de vida nestas zonas e eliminarse puntos de vertido e, con elo, mellorando a calidade das augas da contorna.

No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos.

2 de setembro de 2016 | 17:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.