Luís Villares almorza cos traballadores de Seaga acampados en San Caetano

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Europa Press

O candidato de En Marea á Presidencia da Xunta, Luís Villares, compartiu almorzo na mañá deste venres cos traballadores de Seaga, que dende o luns se atopan acampados fronte á sede da Xunta de Galicia en Santiago.

Alí, no último día de campaña, Villares indicou a necesidade de outorgar “condicións laborais dignas” aos traballadores públicos e, en concreto, no “sector da extinción de incendios”, onde vai importante “inverter máis en prevención que en extinción”.

“Hoxe vai ser o último venres que os traballadores de Seaga teñan que acampar diante de San Caetano porque a partir do luns poderán estar dentro do que vai ser a súa institución”, manifestou.

Deste modo, indicou que, se En Marea chega á Xunta tras as eleccións do próximo domingo, impulsará dende o Goberno galego unha política forestal “axeitada” que se manteña “todo o ano” que pasará por “inverter máis en prevención que en extinción” prestando especial atención a “limpar os montes”.

Unha tarefa que, segundo Villares, pode levala a cabo a “xente competente” de Seaga sen que se teña que recorrer a empresas externas”. “É necesaria unha política de monte activo que dure todo o ano e iso será o que faremos a partir do próximo domingo”, remarcou.

ÚLTIMO DÍA DE CAMPAÑA

O candidato de En Marea afronta este venres o último día de campaña, que iniciou acompañando aos traballadores de Seaga para logo participar, tamén en Santiago, na presentación das propostas do partido instrumental en materia cultural.

Xa pola tarde noite, En Marea celebrará o acto de peche de campaña na compostelana Praza de Praterías, onde Villares será arroupado polos ‘alcaldes do cambio’ -Xulio Ferreiro (A Coruña), Martiño Noriega (Santiago) e Jorge Suárez (Ferrolos números un por cada provincia, a deputada no Congreso Yolanda Díaz e o histórico dirixente do nacionalismo galego, Xosé Manuel Beiras.

23 de setembro de 2016 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.