publicidade hoxe

Juan Cividanes destaca o esforzo de Centauri Biotech por ser pioneira na investigación de fármacos para veterinaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArteixo
A-
A+
Visita do director de Xesgalicia ás instalacións da empresa en Arteixo

Visita do director de Xesgalicia ás instalacións da empresa en Arteixo

O director de Xesgalicia, Juan Cividanes, visitou esta mañá, no municipio coruñés de Arteixo, a empresa Centauri Biotech, da que destacou a súa vocación pioneira na investigación de fármacos e terapias con células nai para mellorar a saúde animal.

Tras a visita polas instalacións de Centauri Biotech, Cividanes destacou que a biotecnolóxica logrou un novo fito ao ser a primeira en Europa en comercializar en toda a Península Ibérica Enterostem, un tratamento único para a cura da enfermidade inflamatoria intestinal en animais, que desenvolveu en colaboración coas universidades de Milán e Estremadura.

A compañía tamén foi pioneira en España no desenvolvemento de tratamentos para a cura de lesións inflamatorias ou dexenerativas en tendóns, ligamentos ou articulacións así como fracturas complexas en animais. Tamén trata enfermidades xerais de alteracións do sistema inmune dos animais.

Cividanes subliñou que Centauri Biotech, na que colabora Xesgalicia, é un exemplo das posibilidades de desenvolvemento biotecnolóxico en Galicia, un sector que hoxe emprega xa a preto de 1.300 persoas na nosa comunidade.

6 de setembro de 2016 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.