publicidade hoxe

Investigan aos presuntos autores dun incendio en Rianxo por actuación neglixente en traballos agrícolas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxoSucesos
A-
A+
Europa Press

Axentes da Policía Autonómica de Santiago investigan dous homes como presuntos autores dun incendio forestal no Concello de Rianxo no que arderon 27 hectáreas de monte.

O lume que se lles imputa rexistrouse o pasado 30 de agosto na parroquia de Santa María de Leiro e orixinouse por unha actuación neglixente mentres realizaban traballos agrícolas. Na investigación contouse coa colaboración de persoal do distrito forestal IV (O Barbanza).

As dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución, en funcións de garda, de Padrón. Na actual campaña, xa son 51 persoas as detidas ou investigadas por delitos relacionados con incendios forestais.

5 de setembro de 2016 | 18:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.