publicidade hoxe

Finalizan as obras de reforma da piscina municipal de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Hoxe abreu de novo as portas a Piscina Municipal de Xove, despois dunhas reformas que afectaron principalmente ás gradas da mesma, incluíndo ademáis elementos de protección nas escaleiras de entrada interior á piscina e nas escaleiras de entrada ás gradas.

O proxecto de reforma na piscina  tivo por obxeto o acondicionamento e mellora da seguridade nas gradas, toda vez que o uso continuado das mesmas ao longo de máis de 30 anos supuxo un deterioro das mesmas, e asemade, o servizo que estas instalacións están dando, tanto ao propio concello de Xove como as localidades veciñas,  e  os diferentes campionatos  que se veñen desenvolvendo ao longo do ano nestas instalacións, fai que fose de todo punto obrigado levar a cabo estes traballos de mellora e seguridade, co remozaento das mesmas, asi como a disposición dos pasamans regulamentarios, dando cumprimento ás normativas e reglamentos correspondentes.

Nas gradas pasouse de ter banco corrido á instalación de 250 asientos, sen respaldo,  de propileno. Tamén se sustituiron as antigas barandillas metálicas de seguridade das gradas e da entrada interna  dos usuario por unha nova máis moderna e funcional, neste caso acristalada.

O investimento total nestas obras foi de 38.489,79 €uros, os cales foron financiados na cunha subvención para mellora de infraestruturas municipais de 30.791,83 €uros  a cargo da  Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, sendo a cantidade restante a cargo do  noso Concello. 

Ademáis, aproveitando estas obras, por parte do personal municipal procedeuse a eliminación dalgunhas humidades nas distintas dependencias da Piscina e ao pintado/remozado dalgunhas zonas da mesma. Tamén, nestes intres, estase a proceder ao cambio de sistema de control de  entrada na piscina, sustituindo o actual por un máis moderno, electrónico de carácter dixital.

En definitiva, reformas que actualizan o equipamento da piscina e que, sen dúbida, van contribuir a unha mellora no seu uso por parte de tódolos  usuarios.

1 de setembro de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.