Ferido un operario que caeu dunha escaleira nunha obra na Coruña
Un home resultou ferido a última hora da tarde deste martes tras precipitarse dende unha escaleira mentres traballaba nunha obra na cidade de A Coruña.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso aconteceu sobre as 19,45 horas nunha obra da rúa San Andrés, onde o home se atopaba traballando cando se precipitou dende unha escaleira. A raíz do suceso, o home caeu ademais sobre dúas persoas que camiñaban pola rúa, que resultaron feridas leves.
Ata o lugar do suceso desprazáronse efectivos de Protección Civil e Policía Nacional, así como unha ambulancia medicalizada do 061 que trasladou de urxencia ao home ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña.











