publicidade hoxe

Feijóo destaca o traballo que a Policía Autonómica está a desenvolver en ámbitos como a violencia de xénero, os lumes e o furtivismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA EstradaLocal Portada
A-
A+
O presidente da Xunta na clausura das xornadas. Foto: X. Crespo

O presidente da Xunta na clausura das xornadas. Foto: X. Crespo

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou e agradeceu hoxe, en nome de todos os galegos, o traballo que a Policía Autonómica está a desenvolver en ámbitos como a violencia de xénero, os lumes e o furtivismo.

Durante a clausura esta mañá das xornadas UPA: 25 anos ao servizo de Galicia, Feijóo incidiu en que a especialización é, sen dúbida, un dos elementos que non só xustifica a existencia desta unidade, senón que a converte en realmente imprescindible para a Comunidade; “e fai de vós –aseverou- non só unha policía de proximidade, senón unha policía próxima”.

O titular do Goberno galego afirmou que o 25 aniversario da creación da Policía Autonómica é unha ocasión inmellorable para reivindicar os logros acadados durante estes anos “polos servidores públicos, polas nosas institucións e pola nosa xente”.

Nesta liña, aseverou que hoxe ningún galego dubida da utilidade da autonomía, en minúsculas, porque hai unha Autonomía en maiúsculas, que é útil. “Velaquí un bo exemplo disto”, aseverou, referíndose ao labor dos preto de medio milleiro de efectivos que conforman esta unidade.

“Hoxe non só entendemos para que serve a autonomía, senón que somos moi conscientes da inmensa utilidade da Policía Autonómica. Somos ben conscientes de que a autonomía e a Policía Autonómica supoñen unha ferramenta indispensable ao servizo do noso pobo”, concluíu.

21 de setembro de 2016 | 16:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.