Extinguido un incendio que se declarou nas oficinas do aeroporto de Lavacolla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de CompostelaSucesos
A-
A+
Europa Press

Un incendio, xa extinguido, afectou na noite do xoves ao venres a unha zona de oficinas do aeroporto de Lavacolla, en Santiago. Segundo informa o 112, declarouse sobre as 23,00 horas e os propios efectivos da terminal apagárono.

Os responsables das instalacións puxéronse en contacto co 112 para solicitar colaboración nas tarefas de extinción e o 112 alertou os bombeiros compostelanos e os de Ordes. Tamén foron informados a Policía Nacional e Protección Civil.

Unha dotación dos bombeiros desprazouse ata o aeroporto pero finalmente non foi precisa a súa intervención, xa que os propios efectivos de Lavacolla extinguiron o lume.

Tamén na capital galega, un coche ardeu esta noite no interior dun garaxe, na Rúa do Home Santo. Un particular avisou sobre as 23,00 horas de que escoitara unhas pequenas explosións no interior do local.

Ademais, segundo indica o 112, apunto que o garaxe estaba cheo de fume, polo que se comunicaron os feitos aos bombeiros santiagueses, así como á Policía Nacional, Policía Local e Protección Civil. Os bombeiros sufocaron o incendio minutos despois das 23,30 horas e o vehículo ardeu por completo.

2 de setembro de 2016 | 16:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.