publicidade hoxe

Educación adxudica as obras de construción do novo CEIP de Culleredo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredo
A-
A+

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de publicar a resolución de adxudicación da obra de construción dun novo CEIP na localidade coruñesa de Culleredo, unha actuación cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80%, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, eixe 10. O importe da actuación ascende a 3.934.951,28 euros e ten un prazo de execución de 15 meses. O expediente pode consultarse no enlace http://www.contratosdegalicia.es/licitacion?N=47839 .

O novo CEIP terá capacidade para 450 alumnos. Seguindo as previsións iniciais, a superficie total construída do edificio achegarase aos 3.000 metros cadrados.

Segundo o programa de necesidades, o centro contará con 6 aulas de Infantil, 12 de Primaria, 4 aulas de apoio educativo ou desdobres, aula de música e aula de informática. Así mesmo, disporá de ximnasio, biblioteca e sala de usos múltiples; ademais de dos pertinentes aseos, zonas de administración e servizos comúns e espazos exteriores cubertos e descubertos para o xogo e a práctica de deporte.

22 de setembro de 2016 | 16:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.