Dous atletas da SGP recoñecidos DGAN
O pasado 29 de agosto, mediante publicación no Diario Oficial de Galicia, anunciouse a relación dos deportistas galegos recoñecidos como “de Alto Nivel”, xunto coas novas incorporacións, mercé á convocatoria aberta no pasado mes de xuño como ditan as bases respecto diso.
Son un total de 373 DGAN os que recoñece a Secretaría Xeral para O Deporte, entre os que se atopan dous atletas da Sociedade Ximnástica, Darío Costas e Sergio Paredes, que xa foron declarados como tal en anteriores convocatorias, grazas ás medallas conseguidas o ano pasado nos Campionatos de España da súa categoría.
Foi en 2004 cando o goberno galego creo a figura do DGAN para cumprir unha demanda do deporte autonómico, que pon a disposición dos deportistas unha serie de vantaxes de tipo educativo, económico e laboral; para en parte paliar a dedicación á actividade deportiva.
O atletismo con 25 DGAN é o cuarto deporte con máis atletas recoñecidos.











