publicidade hoxe

Controlado o incendio forestal de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Europa Press

A Xunta deu por controlado o incendio forestal que afecta o Concello ourensano de Verín, e que queimou unhas 50 hectáreas segundo as últimas estimacións.

O lume iniciouse na parroquia de Ábedes e quedou estabilizado ás 23,40 horas deste mércores. Nas tarefas participan 18 brigadas, oito motobombas, seis helicópteros, sete avións e dúas pas.

Pola súa parte, un incendio rexistrado ás 22,00 horas do mércores no Concello de Gondomar, na parroquia de Vincios, foi controlado ás 6,45 horas deste xoves tras queimar unhas 30 hectáreas de monte raso. No operativo de extinción participaron 13 brigadas, 11 motobombas, cinco axentes e dúas pas.

Por outra banda, o incendio rexistrado o domingo na parroquia de Oseira, no Concello de San Cristovo de Cea (Ourense), foi extinguido tras arrasar 176 hectáreas. Foi extinguido ás 22,00 horas do mércores, tras uns traballos para apagalo nos que participaron seis helicópteros, tres avións, 28 motobombas, 67 brigadas, 23 axentes, dous técnicos e tres pas.

1 de setembro de 2016 | 12:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.