publicidade hoxe

Controlado o incendio de Muíños que afectou ao parque natural do Xurés

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuíños
A-
A+
Europa Press

O incendio forestal declarado este luns no concello ourensano de Muíños e que afectou ao parque natural do Xurés quedou controlado sobre as 2,30 horas deste martes, segundo informa a Consellería de Medio Rural.

Segundo as primeiras estimacións, este lume, que empezou na parroquia de Requiás ás 20,08 horas, queimou unhas 2 hectáreas de monte raso, pero dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

No lugar levan traballado dous axentes, 14 brigadas, oito motobombas, dúas pas, dous avións e dous helicópteros.

Permanece baixo control, mentres, dende as 6,11 horas deste luns, o incendio en Chantada, na parroquia de Requeixo, que arrasou algo máis de 100 hectáreas e afectou a Rede Natura.

En concreto, dun total de 106,44 hectáreas, 49,14 son arboladas e 57,3 rasas. Levan traballado neste municipio un técnico, sete axentes, 36 brigadas, 16 motobombas, tres pas, 13 helicópteros e tres avións.

6 de setembro de 2016 | 10:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.