publicidade hoxe

Concello de Maceda e Secretaría Xeral para o Deporte asinan un convenio para a construción dun circuíto de adestramento ciclista Pump Track

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes PortadaLocal PortadaMaceda
A-
A+
Lete Lasa na sinatura do convenio co Concello de Maceda

Lete Lasa na sinatura do convenio co Concello de Maceda

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, acompañado pola secretaria territorial da Xunta en Ourense Silvia Dorado, visitou hoxe a localidade de Maceda para asinar un convenio de colaboración co Concello para a construción dun circuíto de adestramento ciclista Pump Track. As obras que se acometerán consisten principalmente en movemento de terras, rede de drenaxe e saneamento da antiga nave hípica Os Secos, ascendendo a 61.00 euros.

A necesidade desta actuación, vén determinada pola demanda de diferentes sectores da poboación de Maceda, trátase dunha actuación innovadora que dota ao concello dun recinto de adestramento adecuado para a mellora e perfeccionamento dalgunhas disciplinas ciclistas. O titular de Deportes da Xunta animou aos responsables do goberno local a seguir traballando no fomento do deporte, en colaboración coas entidades deportivas, centros educativos e colectivos veciñais, estendendo a súa práctica a todos os sectores da poboación como ferramenta de crecemento persoal e de detección de novos talentos deportivos.

O investimento enmárcase así no compromiso da Xunta de Galicia de favorecer o equilibrio territorial, a calidade de vida e a igualdade de oportunidades entre os galegos e galegas, tanto nos núcleos urbanos como rurais, costeiros ou de interior, e de seguir impulsando a práctica deportiva e de actividade física como factor de consecución de maiores cotas de saúde e do benestar entre a poboación.

16 de setembro de 2016 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.