Barreras e Pemex asinan a entrega do flotel
Representantes de PMI (filial da petroleira mexicana Pemex) e do estaleiro vigués Hijos de J.Barreras formalizaron este mércores a entrega do flotel ‘Reforma Pemex’ á multinacional azteca, nun acto privado que tivo lugar na sede da empresa naval na cidade olívica.
Segundo informou o propio estaleiro a través dun comunicado, no acto estiveron presentes o presidente de Barreras, José García Costas, e o presidente de PMI Hóldings North America Inc., Fernando Luna.
O ‘reforma Pemex’, que xa foi botado en setembro do ano pasado, foi construído nesta bancada viguesa ao longo dos últimos dous anos. Trátase dun hotel flotante, con capacidade para aloxar 700 persoas, unha eslora de 131 metros e unha manga de 27 metros.
O flotel, que cumpre cos estándares máis estritos en materia de construción naval, permanecerá aínda uns días nas instalacións de Barreiras, co fin de completar o adestramento da tripulación e realizar os últimos axustes técnicos. Así, está previsto que zarpe rumbo a augas mexicanas durante o mes de outubro.
Este é o segundo flotel que salgue do estaleiro vigués, onde tamén se construíu o ‘Edda Fides’, considerado no seu día o maior buque residencia de mundo, para a armadora norueguesa Ostensjo Rederi.











