publicidade hoxe

“Bande noutrora” recupera as imaxes de tempos pasados

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBande
A-
A+

Rescatar do esquecemento a memoria da vila de Bande e as súas aldeas, é o obxectivo do proxecto de recuperación de fotografía antiga que se bota a andar dende o Concello de Bande. BANDE NOUTRORA, vai tomar como escenario as redes sociais e pretende que os veciños e veciñas saquen do baúl dos recordos os seus álbums e recuperen as fotografías perdidas nos caixóns da casa familiar. Estas fotografías poderanse compartir de xeito directo por medio da páxina de FACEBOOK BANDE NOUTRORA ou do e-mail bandenoutrora@gmail.com. Ademais, poderanse entregar as fotografías nas oficinas do Concello, onde se escanearán e devolverán en perfecto estado aos respectivos donos.

Este proxecto toma como punto de inicio unha escolma de fotografías de Xosé Vázquez Arias, mais coñecido como “Rizo”, un fillo de muiñeiro nado en Castro Caldelas que botou a cámara ao lombo percorrendo feiras, tabernas e mercados das vilas máis importantes da época.

BANDE NOUTRORA pretende polo tanto ser un retrato vivo da cara amable doutra época, unha imaxe viva da sociedade e da forma de vida da xente daqueles anos. 

1 de setembro de 2016 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.