publicidade hoxe

As visitas guiadas ao Monte Santa Trega inauguran novo horario ata o 15 de outubro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

As visitas guiadas ó Monte Santa Trega continuarán ata o 15 de outubro aínda que mudan o seu horario para axustarse ó horario de outono. A partir do 1 de setembro ofreceranse de martes a sábados as visitas habituais dende o Museo ás 12 da mañá cunha duración de 90 minutos visitando o museo e facendo o recorrido completo a pé ata o Castro. Pola tarde, e como novidade deste ano, faranse dúas visitas cunha duración de 60 minutos centradas no Castro e que inclúen a visita ó barrio de Mergelina, zona sur do castro que foi escavada recentemente. Estas visitas faranse ás 16:15 e ás 17:30 e punto de comezo é a vivenda reconstruída do castro.

Estas visitas guiadas son gratuítas e non precisan de inscrición tan só hai que presentarse á hora de comezo no punto de encontro.

Ademais continuaranse realizando as visitas concertadas que están dirixidas para grupos de máis de 10 persoas. Estas visitas guiadas faranse baixo reserva previa no MASAT (tel. 986 61 05 04 ou en masat@aguarda.es) e sempre que non coincida cos horarios das visitas regulares.  

1 de setembro de 2016 | 13:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.