Arturo Parrado destaca o labor de loita contra a exclusión que leva a cabo a Fundación JuanSoñador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Arturo Parrado na visita á sede da Fundación JuanSoñador. Foto: M. Fuentes

Arturo Parrado na visita á sede da Fundación JuanSoñador. Foto: M. Fuentes

O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado visitou hoxe a sede herculina da Fundación JuanSoñador. Alí, o responsable da carteira de Inclusión salientou o labor desta asociación “que ten como finalidade facer realidade o dereito das persoas máis necesitadas a unha vida máis digna, centrando a súa actividade nos menores, familias e inmigrantes en situación de risco ou exclusión social”. Do mesmo xeito, Parrado destacou a gran labor da fundación no ámbito social, resaltando os programas que realiza en Galicia para contribuír ao benestar das persoas que máis o precisan.

Nesta liña, o director xeral sinalou que a Xunta de Galicia seguirá apoiando a esta fundación no seu obxectivo de mellorar a calidade de vida das persoas que máis o precisan. Deste xeito enumerou a gran cantidade de actuacións e cursos que a fundación pon á disposición das persoas. Concretamente, no exercicio 2016-2017 destaca a acreditación de esforzo de integración, o curso de español básico, itinerarios persoais de inserción laboral, emprego no fogar, coidado para bebés, curso de persoas maiores, curso de cociña, informática e internet útil, uso de dicionario, limpeza de superficies, galego útil, alfabetización ou hixiene alimentaria para manipulador de alimentos, entre outros.

Dentro das accións que desenvolve a fundación JuanSoñador, Arturo Parrado salientou o proxecto Teranga, que favorece a plena inserción sociolaboral das persoas migrantes para aumentar a súa calidade de vida, atendéndoas de forma integral e velando pola efectividade dos seus dereitos e deberes, fomentando o traballo en rede con outras entidades e potenciando a interculturalidade como modelo de cidadanía.

22 de setembro de 2016 | 17:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.