Apróbase o plan de 1,5 millóns para melloras en traídas de auga, accesos e centros socioculturais do rural lucense
O Executivo da Deputación aprobou este venres na Xunta deGoberno as bases do “Plan de Mellora de Infraestruturas e Equipamentos no MedioRural”. Así o comunicou o voceiro, Álvaro Santos Ramos, que explicou que estaprogramación está dotada de 1,5 millóns de euros e inclúe subvencións enconcorrencia competitiva para veciños do rural en xeral, asociacións veciñaissen ánimo de lucro e comunidades de montes dos 67 Concellos da provincia. Todoseles poderán concorrer a tres liñas de actuación:
1.- Axudasdun máximo de 30.000 euros para a construción de novas traídas de auga, e de10.000 euros para melloras nas existentes.
2.- Axudas de12.000 euros para arranxos de accesos públicos a núcleos rurais, explotaciónsgandeiras ou fincas forestais, agrarias ou de viñas.
3.- Axudas de12.000 euros para melloras de centros socioculturais e do seu contorno.
As bases inclúen dúas novidades: un anticipo do 95% daaxuda, que poderán solicitar os colectivos que resultes beneficiados; e novoscriterios obxectivos “para un reparto o máis xusto posible”. Estes son: grao denecesidade, sostenibilidade, usuarios beneficiados, usuarios do sector primarioe despoboamento.
Aprobado hoxe o programa, agora remítese ao GobernoCentral para súa publicación na Base Nacional de Subvencións. Logo publicaraseno BOP, podendo entón, previsiblemente en setembro, abrir o prazo desolicitude. Este será de 20 día hábiles.
“Defensada vida no rural e do rural”
Santos Ramos salientou que este plan “defende a vida norural e do rural, pois busca potenciar o benestar dos veciños e o sectorprimario coa dotación ou mellora de prestacións públicas imprescindibles. Éunha iniciativa que reivindica a igualdade de servizos e oportunidades vivasonde vivas, e que trata de combater o despoboamento demográfico que sofre orural lugués”.
Outrosasuntos
A Xunta de Goberno aprobou a compra dunha palacargadora, por valor de 127.000 euros, que se incorporará ao equipo do ParqueMóbil de mellora de estradas provinciais e municipais. Acordou o plan deseguridade e saúde no traballo para o inicio de novas obras no Páramo. Trátansede melloras en vías públicas nos núcleos de San Vicente, Quintela e Pinte,dotadas de 65.000 euros da Deputación. Ademais, resolveu a contratación de 2desempregados lucenses, que comezarán a traballar como peón agrícola e motoserristaen empresas da Pastoriza e Pol a través do Ben Empregado.











