Ángeles Vázquez ve “xustas” as protestas de gandeiros pero non solo se trata de reivindicar, hai que actuar

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, considera “xustas” as protestas dos gandeiros que este martes volveron ás rúas en Lugo, pero sostén que “non solo se trata de reivindicar, hai que actuar, e a forma de actuar é como se está a facer dende a Consellería de Medio Rural”.

A preguntas da prensa este martes en Santiago, a conselleira apuntou que “nunha sociedade democrática a xente ten dereito a reivindicar” e “teñen todo o dereito a manifestarse”, pero defende que Medio Rural “ten unha obriga que está a cumprir”.

Arredor de medio millar de produtores retomaron este martes as súas protestas polas rúas de Lugo, convocados por Agromuralla, tras un ano de “promesas incumpridas” e ante a continua baixada de prezos do leite, xa que denuncian que o acordo lácteo asinado hai un ano quedou en “papel mollado”.

Ao respecto, Vázquez reflexionou sobre que o fin das cotas lácteas provocou que haxa máis produción, pero “o mercado non é capaz de absorber” toda esa cantidade. Neste sentido, afirma que “houbo distintos avances, pero non foron todos os produtivos que deberían ser e non repercutiron como deberían repercutir nos gandeiros”.

En cambio, pon en valor avances como que a empresa láctea Goodleit se vaia instalar no polígono de Teixeiro, Curtis (A Coruña), que transformará 400.000 litros de gandeiros galegos, mentres aposta por produtos “premium”, que “deixan valor engadido”

Unha cuestión que destaca como “unha moi boa noticia para Galicia”. “Creo que van saír noticias importantes en breve de novos proxectos”, agregou.

6 de setembro de 2016 | 16:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.