publicidade hoxe

Ángeles Vázquez defende a calidade, comercialización e melloras tecnolóxicas como claves de futuro do rural

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cibrao das Viñas
A-
A+

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, defendeu hoxe a aposta pola calidade nas producións agroalimentarias, así como por impulsar a súa comercialización nos diferentes mercados, para darlle unha adecuada saída aos produtos do agro. Avogou tamén por desenvolver procesos de internacionalización das industrias deste sector, así como constantes melloras tecnolóxicas, como fórmulas axeitadas para garantir a súa viabilidade e cimentar a súa expansión.

A conselleira fixo estas consideracións durante a súa visita á empresa galega Aceites Abril, situada no concello ourensán de San Cibrao das Viñas e que comercializa aceite de oliva e de sementes en España e Portugal.

Esta industria recibiu nos últimos anos axudas da Xunta por valor de 6,1 millóns de euros para un investimento total que supera os 20 millóns de euros, destinado á realización de melloras tecnolóxicas e á ampliación de capacidade e das súas instalacións, entre outras finalidades.

Ángeles Vázquez, que estivo acompañada pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, puxo a Aceites Abril como exemplo de empresa galega punteira do eido agroalimentario e felicitou aos seus responsables pola positiva evolución desta industria nos últimos tempos.

Aceites Abril

Actualmente, esta industria aceiteira emprega arredor dun cento de traballadores e a súa facturación anual rolda os cen millóns de euros. A súa capacidade de produción sitúase nos 130 millóns de litros ao ano. Comercializa, baixo diferentes marcas, aceite de oliva virxe extra, de bagazo 95%, de xirasol e de sementes e márcase como obxectivo para o ano 2018 chegar a exportar máis de 34 millóns de litros (hoxe en día exporta uns 15 millóns).

20 de setembro de 2016 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.