Albert Rivera estará na Coruña o domingo para arroupar á candidata de C’s á Xunta
O presidente de Ciudadanos, Albert Rivera, viaxará este domingo á cidade da Coruña para arroupar á candidata da súa formación á Presidencia da Xunta, Cristina Losada.
Confirmárono fontes do partido laranxa, que concretaron que o acto do domingo terá lugar ás 12,00 horas.
No acto, ademais de Albert Rivera e Cristina Losada, estará o secretario xeral de C’s, Matías Alonso.











