Ábrese o prazo de solicitude das axudas de 400.000 euros para asociacións culturais lucenses

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia publicou este xoves asbases das subvencións de concorrencia competitiva para entidades asociativasculturais da provincia. Isto permite a Deputación abrir mañá mesmo o prazo desolicitude destas axudas dotadas dun total de 400.000 euros. O venres haberá unbanner en www.deputacionlugo.gal con toda a información e documentación para asasociacións. O prazo de solicitude será ata o 13 de setembro, inclusive.

Esta programación contempla 2 liñas de actuación:

– axudas de entre 300 e 8.000 euros para programacións decarácter anual, que supoñen a principal actividade, ou conxunto de actividades,da entidade asociativa

– axudas de entre 300 e 6.000 euros para actividades concarácter puntual, entendendo como tal, aqueles eventos importantes, programadoscon antelación, para un determinado momento no tempo

Cómpre salientar que o Goberno da Deputación decidiuofrecer as asociacións culturais da provincia que finalmente resulten beneficiadosun anticipo da axuda do 80%.

Baremos sociais

Como novidade,incluíronse por primeira vez criterios socias nas bases destas subvencións. Puntuarasefavorablemente os proxectos para actividades dirixidas á terceira idade, ápersoas con capacidades diferentes, á mulleres, cativos e á mocidade. Ademais,terase en conta a dispersión territorial e poboacional para primar aquelasprogramacións que se leven a cabo en pequenas localidades, especialmente norural. Tamén se valorará o impacto e repercusión da actividade cultural entre asociedade ou o fomento da cooperación e traballo entre as distintas asociaciónsculturais.

1 de setembro de 2016 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.