Aberto o prazo de matrícula no Conservatorio e na Escola de Música de Arzúa
O Concello de Arzúa informa das datas de matrícula no Conservatorio Profesional de Música e na Escola Municipal de Música de Arzúa:
-O primeiro prazo de matrícula será dos días 6 ao 9 de setembro, en horario das 4 ás 8.30 da tarde e para aqueles alumnos que teñan todas as materias aprobadas.
-Os exames de recuperación terán lugar os días 12 e 13 de setembro e o segundo prazo de matrícula será os días 15, 16 e 19 de setembro para aqueles alumnos que aprobaron as asignaturas pendentes nos exames de recuperación.
– O curso comezará para todos os alumnos o 19 de setembro.