publicidade hoxe

A Xunta remata a execución das sendas na estrada OU-312 en Lobios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLobiosOurense
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), vén de rematar a execución das sendas na estrada OU-312, ao seu paso por este municipio ourensán.

Este proxecto contemplou a construción de dous treitos de beirarrúa na estrada OU-312:

Á entrada de Lobios, pola marxe dereita desde o punto no que finalizan as beirarrúas existentes (PK 0+970) ata as escaleiras de acceso ao lugar de “O Zapateiro” (0+910).

Á saída de Lobios, tamén pola marxe dereita da estrada, dende o PK 1+780 ata o 2+035, no que se atopa a Cruz Vermella.

Este proxecto tamén se centrou na instalación de drenaxes de pluviais e canalizacións de rego, xa que no segundo tramo retirouse unha canle entubada e púxose no seu lugar un colector de saneamento.

1 de setembro de 2016 | 16:30 • Sen comentarios

Comentarios pechados.