publicidade hoxe

A Xunta inicia as melloras do firme na estrada LU-621 ao seu paso por Baralla

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBarallaLugo
A-
A+

A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, vén de iniciar as obras de reforzo de firme na estrada LU-621, ao seu paso polo Concello de Baralla.

Estas actuacións, que forman parte dun contrato que tamén inclúe a mellora da capa de rodadura en distintos puntos da estrada LU-611, adxudicouse á empresa BASCUAS por un importe de máis de 691.000 euros.

Cómpre lembrar que estas obras están enmarcadas no Plan de reforzos de firmes que está a levar a cabo o Goberno galego para proporcionar unha rede viaria cómoda e segura aos seus usuarios.

Ao longo desta semana realizaranse a limpeza das marxes e o reperfilado de beiravías na LU-621, e na vindeira semana está previsto acometer a rehabilitación do firme.

O proxecto define a adecuación do firme, consistente na extensión dunha nova capa de rodadura entre o PK 19+000 (travesía de Pousada) e o 21+658 (final da estrada, na intersección coa N-VI); na travesía de Baralla; e noutros 1,3 km na saída cara A Pobra de San Xiao. Ademais da rehabilitación do firme, executaranse 130 metros de cunetas de seguridade.

Unha vez se finalice esta obra, pasarase a traballar na LU-611, nos Concellos do Saviñao e Taboada.

Na estrada LU-611 mellorarase o firme entre os PK 20+300 e 26+800 (Concello do Saviñao) e do PK 27+080 ao 30+000 (Concello de Taboada). Ademais da rehabilitación da capa de rodadura, colocaranse 2,3 Km de barreiras de seguridade, executaranse 230 metros de cunetas de seguridade e renovarase parte da sinalización vertical.

6 de setembro de 2016 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.