A onda de incendios arrasa máis de 6.000 hectáreas na provincia de Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+
Europa Press

A onda de incendios que afecta a Galicia esta semana, con especial intensidade á provincia de Ourense, arrasou xa máis de 6.100 hectáreas de superficie.

Este xoves, a alerta por proximidade a casas segue activada no incendio forestal que afecta o concello ourensano de Entrimo, mentres hai lumes tamén fóra de control en Monterrei, Oímbra e Boborás, nesa provincia, e en Navia de Suarna, en Lugo.

Están controladas as lapas en Boiro (A Coruña), A Fonsagrada e Chantada (Lugo), Muíños, Lobeira, O Carballiño e O Barco de Valdeorras (Ourense).

Así, en Entrimo o lume empezou o martes ás 18,46 horas e tamén afecta o municipio lindante de Lobios. Por agora arderon aquí 2.500 hectáreas.

En Monterrei, o incendio decretouse ás 13,56 horas deste mércores e quedou estabilizado ás 7,22 horas deste xoves, tras arder 238 hectáreas.

En Oímbra, na parroquia de Bousés, empezou ás 14,05 horas do martes e arrasou unhas 1.500 hectáreas. Pola súa banda, o lume de Boborás calcinou unhas 600 hectáreas tras iniciarse ás 16,44 horas do mércores.

Por último, en Navia, o incendio forestal empezou ás 21,08 horas do mércores e queimou unhas 90 hectáreas.

CONTROLADOS

Por outra banda, declaráronse novos incendios en Boiro e A Fonsagrada, que xa foron dados por controlados. No primeiro dos municipios, que en agosto sufriu un dos peores lumes do verán, arderon unhas 35 hectáreas. No segundo, foron 104 hectáreas as calcinadas, dende as 8,34 horas do mércores ata as 21,38 horas, cando se controlou.

En Chantada o lume queimou unhas 106,44 hectáreas e segue baixo control e en Muíños, onde se rexistrou ás 6,45 horas do martes un lume que quedou controlado ás 19,30 horas – e arderon 800 hectáreas, todas no parque natural do Xurés-, se ha contorolado na mañá deste xoves outro lume na parroquia de Parada de Ventosa, con máis de 20 hectáreas afectadas.

En Lobeira son 75 hectáreas as calcinadas polas lapas, nun incendio que empezou ás 00,00 horas do mércores e se deu por controlado ás 13,10 horas.

No Carballiño, o martes empezou un lume ás 22,18 horas e quedou controlado ás 18,51 horas do mércores tras arrasar 40,8 hectáreas, 38 arboladas.

Por último, en O Barco de Valdeorras, na madrugada deste xoves quedou controlado un lume que comezou ás 17,35 horas e afecta a unhas 25 hectáreas, 20 arboladas.

8 de setembro de 2016 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.