A olería lucense estará presente na feira de artesanía galega de Oviedo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLugo
A-
A+

A Deputada de Economía, Recadación e Facenda, MayraGarcía Bermúdez, inaugurou este xoves no Auditorio Palacio de Congresos PríncipeFelipe de Oviedo a Feira de Artesaníaque organiza a Asociación Día de Galicia en Asturias ata o 11 de setembro nacidade de Oviedo. Fíxoo xunto ao Tenente de Alcalde, Ana Taboada Coma, oConcelleiro de Cultura do Concello de Oviedo, Roberto Sanchez Ramos, e o Presidenteda asociación organizadora, Manuel Fernández Quevedo. As máis de 60 pezas queconforman a mostra son cedidas gratuitamente pola Deputación de Lugo, a travésdo CENTRAD, para a celebración da exposición.

García Bermúdez subliñou que “é un pracer colaborar napromoción e difusión das obras dos nosos artistas galegos a través desta mostraartesanal que se expón na cidade de Oviedo. Dende a Deputación de Lugo,seguiremos apostando por este tipo de actividades que poñen en valor os oficiosartesanais propios da nosa cultura, e que contribúen a impulsar e dinamizar anosa Comunidade Autónoma”.

Máis de 60 pezas de olería, cos seus respectivos paneisdidácticos para informar a todos os visitantes, conforman a mostra. Ademais,haberá un cruceiro de cerámica realizado polo ilustre artista ferrolánFrancisco José Pérez Porto. O horario para visitar a mostra é de 10:00 horasata as 22:00 horas.

Durante estes días realizaranse actividadescomplementarias a exposición, como un encontro empresarial astur-galaico, unconcerto homenaxe a Asociación Española contra o Cáncer ou unha misa naCatedral de San Salvador. Tamén haberá unha carpa con produtos gastronómicos deGalicia (empanada, polbo, queixo, etc) na rúa Picasso de Oviedo do 6 ao 12 desetembro.

Asociación Día de Galicia en Asturias

A entidade naceu fai 21anos, como punto de encontro dos centenares de galegos residentes na capitalasturiana, co obxectivo de homenaxear a aquelas entidades ou persoas quetraballan por un mellor entendemento mutuo. Coas actividades que se celebrantodos os anos, a asociación, busca honrar os fortes e fondos lazos entre asdúas Comunidades Autónomas. Segundo os últimos datos do Instituto Nacional deEstatística (INE), agora residen no Principado de Asturias arredor de 24.000galegos.

1 de setembro de 2016 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.