A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica asiste en Toledo a unha reunión preparatoria do VI FREED

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exterior
A-
A+

A directora xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Amparo González, participou no día de hoxe na reunión preparatoria do VI Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (FREED) celebrada na cidade manchega de Toledo. Alí, a directora xeral destacou novamente a importancia de que “partidos de diferentes ideoloxías se xunten nesta fronte común que procura as mellores políticas para acadar a revitalización demográfica que tanto se precisa en España”.

Na orde do día, un dos aspectos máis importantes foi a posta en marcha do grupo de traballo, aprobado na última reunión mantida en xuño en Galicia, e a súa coordinación coas Comunidades Autónomas para abordar os diferentes temas como a incorporación da perspectiva demográfica nas políticas sectoriais.

A reunión desta mañá serviu tamén para comezar a traballar no documento que se presentará no cumio de Cuenca, cuxa celebración está prevista para finais de outubro ou principios de novembro, e que inclúe ideas e accións principais como corrixir o desequilibrio territorial e poboacional de España. Unha xuntanza na que está prevista a participación dos europarlamentarios con representación nas comunidades que integran o FREED.

7 de setembro de 2016 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.