A Deputación da Coruña rescatará a concesión dos 10 parques de bombeiros da provincia para un xestión pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+
Europa Press

A Deputación da Coruña rescatará a xestión dos 10 parques comarcais de bombeiros da provincia -un deles é un subparque-, nos que traballan un total de 174 efectivos.

Diso informou en rolda de prensa en Santiago o voceiro da mesa intersindical de bombeiros, Xabier Villar, quen apuntou que a Deputación accedeu a unha demanda reiterada polos traballadores para “reverter” a “cuestionada” xestión privada dos parques comarcais.

A comezos deste ano a Xunta e as deputacións mantiveron un encontro para estudar a posibilidade de rescatar as concesións dos parques de bombeiros -que contan cun financiamento a medias entre ambos os dous organismos-, e os traballadores destacan que A Coruña foi a primeira en dar ese “paso valente”.

Na provincia da Coruña a concesión dos parques caducou e este cambio de modelo sería “sen cargo extra”. O Tribunal Administrativo Central anulou en 2015 o contrato dos parques de bombeiros coruñeses que tiña unha vixencia de oito anos.

Neste sentido, Villar cre que pode ser un proceso longo, polo que dixo “non querer poñer prazos” porque a medida que se empece a traballar “van aparecer posibles problemas”, se ben a Deputación da Coruña lles trasladaron que “se se pode rematar este ano que non espere 2017”. “Sinceramente se pode rematar en xaneiro de 2017 fenómeno, pero se ten que rematar en decembro (de 2017) creo que todos imos estar igualmente contentos”, agregou.

ESPERAN QUE A XUNTA NON POÑA OBSTÁCULOS

Así mesmo, subliñou que a Xunta, “a priori, xa deu a súa postura” a principios deste ano” de que, como participa no financiamento, “se non se incrementa o custo” o Goberno galego “non vai poñer obstáculos” á xestión directa.

O fin é que “todo galego poida ter un servizo eficiente” e que “se deixe de mercantilizar” e “poñer ao servizo económico das empresas” as “desgracias que tarde ou cedo todos ao longo da vida acaban tendo”.

VANTAXES DA XESTIÓN

Así, este representante da mesa intersindical valorou que unha xestión directa suporá vantaxes como o aforro na prestación do servizo que se debe repercutirse en melloras.

De tal forma, debe aproveitarse “o lucro da empresa e o IVE” para máis material, así como para aumentar persoal, dado que os parques se atopan “infradotados”. A xeito de exemplo, explicou que habitualmente están de garda entre tres e catro efectivos, pero o mínimo desexable sería cinco ou seis para poder afrontar con garantías un incendio.

Un dos aspectos sobre os que chama a atención Villar é que a xestión directa suporá unha coordinación “máis eficaz”, xa que traballarán baixo o mesmo protocolo e cos mesmos métodos de intercomunicación, entre outras cuestións.

2 de setembro de 2016 | 16:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.