publicidade hoxe

A Deputación da Coruña destina 200.000 euros á construción de novas sendas peonís en Malpica e Vimianzo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaMalpica de BergantiñosVimianzo
A-
A+

A Deputación da Coruña ven de adxudicar as obras de construción de dúa sendas peonís nos concellos de Malpica e Vimianzo, por un importe global de 202.372,21 euros.

En Vimianzo, a Deputación adxudicou por 118.578,79 euros á empresa Excavaciones y Transportes BC a realización das obras de construción dunha senda peonil na marxe dereita da estrada DP 1603, entre os lugares de Porto de Cereixo e Tufóns.

A nova senda, de case un quilómetro de lonxitude, construirase ao nivel da estrada entre os puntos quilométricos 1+400 e 2+345, cunha anchura media de dous metros e un carril de separación do andén peonil e a plataforma de 0,5 metros.

Debido á configuración do terreo, o proxecto contempla a execución de varios muros de escollera, cunha altura máxima de 1,8 metros, a reposición de diversos peches , e a colocación de bordillo nos tramos no que o terreo estea a cota superior á da senda. Contrsuirase unha rede de tubaxe de PVC baixo a senda para a recollida de augas pluviais e incluirase a axeitada sinalización do tramo sinalado. O prazo de execución dos traballo é de catro meses.

Malpica

En Malpica, a nova senda terá 790 metros de lonxitude e construirase no lugar de Mens, dando continuidade á existente actualmente entre os puntos quilométricos 5 e 6. O andén peonil continuará así ata o PK 4+210, mellorando a seguridade da estrada DP 4307 de Malpica a Ponteceso.

A Deputación adxudicou á empresa Excavaciones y Obras Marcos a execución dos traballos, por importe de 83.794,42 euros e cun prazo de execución de catro meses.

As obras comezarán coa retirada de todos os elementos de mobiliario urbano afectados pola obra, entre eles sinais de tráfico e biondas, o desbroce das cunetas e a demolición do pavemento asfáltico na marxe dereita da calzada. A nova senda terá un ancho total de 2,10 metros, dos que 0,30 m. correspoden á zona de seguridad entre a calzada e o andén peonil.

O proxecto inclúe tamén rede de recollida de pluviais e a reposición de sinalización horizontal e vertical.

250.000 euros para a mellora da estrada Coristanco-Santa Comba

A Deputación da Coruña ven de adxudicar tamén á empresa Construcciones y Obras Andújar as obras de mellora do firme da estrada DP 2904, no concello de Santa Comba, por importe de 248.156.52 euros.

As obras a realizar consisten na mellora da capa de rodaxe da estrada DP-2904, Coristanco a Santa Comba, entre os PP.KK 15+800 e 20+240, mediante o extendido dunha capa de mistura betuminosa en quente tipo AC 16 SURF 60/70 de catro centímetros de espesor en todo o ancho da calzada.

Previamente ao extendido de dita capa de rodadura, entre os P.P K.K 17+650 y 20+240, realizarase o fresado puntual a través de medios mecánicos e a posterior reposición do firme cunha capa de mistura asfáltica en quente tipo AC 16 SURF 60/70 S de cinco centímetros de espesor en aquelas zonas de estrada nas que a capa de rodadura actual presenta deterioros. Contémplase tamén a posta a cota das tapas de rexistro e sumidoiros existentes.
Previamente ás operacións de afirmado deberá realizarse o desbroce e a limpeza de rastroxos das marxes da estrada, así como a limpeza dos arcéns por ambas marxes.

20 de setembro de 2016 | 18:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.