publicidade hoxe

A Consellería de Medio Ambiente executará melloras na depuradora da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello de A Guarda colaborarán para mellorar a situación da depuradora da Guarda, tal e como se recolle no convenio asinado entre a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde da localidade, Antonio Lomba.

O obxectivo destas obras é mellorar as instalacións de depuración da Guarda, na que se tratan as augas residuais dos concellos da Guarda e O Rosal. O obxectivo é realizar melloras nos sistemas de control e automatización da planta e na propia edificación, para que a depuración se poda levar a cabo de forma máis eficiente.

Para executar estes traballos, o Goberno galego achegará máis de 60.000 euros, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader)

No encontro, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos. Tras a sinatura do convenio de colaboración, Augas de Galicia pode licitar este contrato nas próximas semanas.

2 de setembro de 2016 | 17:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.