publicidade hoxe

Xunta e concello da Veiga colaboran na mellora do abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Veiga
A-
A+
Beatriz Mato na reunión co alcalde de Veiga

Beatriz Mato na reunión co alcalde de Veiga

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e o concello da Veiga colaborarán co fin de mellorar o abastecemento e o saneamento en distintos núcleos rurais deste municipio.

Este compromiso vén recollido no convenio que asinaron hoxe a titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, e o alcalde, Juan Anta, onde se establece que a Xunta achegará algo máis de 81.000 euros para acometer estes traballos, cofinanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER).

Máis en concreto, as obras centraranse en optimizar as instalacións dos núcleos de Vilaboa, Castromao, Castromarigo e Pradolongo, e mellorar así as condicións de vida dos veciños deste concello.

Ao remate da reunión, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio destacou que a Xunta seguirá apostando pola máxima colaboración cos concellos galegos para a posta en marcha de infraestruturas e servizos.

 

19 de agosto de 2016 | 17:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.