Vigo homenaxea aos fusilados no 36 por defender a democracia e as súas conviccións

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+
Homenaxe aos fusilados no 36

Homenaxe aos fusilados no 36

O alcalde presidiu este venres o acto oficial no cemiterio de Pereiró, 80 anos despois do asasinato de alcaldes, deputados e distintos cargos políticos da cidade. “É a nosa homenaxe, desde a Alcaldía da cidade, nun acto oficial, ás persoas asasinadas no ano 36 por ter defendido a democracia e as súas conviccións políticas, de partido e de República”, explicou Abel Caballero.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presidiu este venres o acto oficial de homenaxe aos fusilados no ano 1936, tras o alzamento militar, de “tantas persoas que ocupaban lugares significativos da política en Vigo e en España”.

“É a nosa homenaxe, desde a Alcaldía da cidade, nun acto oficial, ás persoas asasinadas no ano 36 por ter defendido a democracia e as súas conviccións políticas, de partido e de República”, explicou Abel Caballero.

O 27 de agosto de 1936 foron fusilados os alcaldes Emilio Martínez Garrido e José Antela Conde, ademais dos políticos Antonio Bilbatúa, Heraclio Botana, Ignacio Seoane, Apolinar Torres, Gil Santóstegui e Ramón González. O acto deste venres serviu tamén para homenaxear a Blein Budiño, asasinado en decembro de 1936.

Na conmemoración deste venres no xardín da memoria do cemiterio de Pereiró tomaron parte, ademais de concelleiros e concelleiras da Corporación viguesa, familiares de Emilio Martínez Garrido, José Antela Conde e Antonio Bilbatúa.

26 de agosto de 2016 | 17:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.