Vanesa Romero, Andoni Ferreño e Esperanza Elipe protagonizan no Teatro Colón a comedia ‘El clan de las divorciadas’
‘El clan de las divorciadas’ é unha das comedias máis exitosas do país galo, agora chega á Coruña na súa versión en español. Está protagonizada por tres televisivos rostros que dan vida ás mulleres protagonistas: Esperanza Elipe, Andoni Ferreño e Vanesa Romero. Poderá verse no Teatro Colón o xoves 18, o venres 19 e o domingo 21 ás 20:30, ademais do sábado 20 en dobre función ás 19:00 e ás 21:30 horas.
O texto orixinal francés de Alis Vardar, ‘Le Clan des Divorcées’, estreouse en Toulouse (Francia) coa idea de que fose representada durante tres semanas. Despois de estar en cartel durante seis meses, e debido a gran acollida que tivo por parte do público, a peza representouse en Francia de xeito ininterrompido durante a última década.
Na versión española Esperanza Elipe, Andoni Ferreño e Vanesa Romero dan vida ás tres protagonistas; de características moi opostas, vense forzadas a compartir un apartamento. O resultado será unha convivencia explosiva e noventa minutos de risas constantes.
As entradas pódense adquirir a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.ataquilla.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na Sede AFundación A Coruña, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado de 9.00 a 21.00 horas. Ademais no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche.











