publicidade hoxe

Unha achega de 30.000 euros permitirá mellorar a pavimentación de camiños no concello de A Lama

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA LamaPontevedra
A-
A+

O concello da Lama vén de completar o seu investimento ao abeiro do Plan Concellos 2016 cunha nova achega que vén de aprobar a institución provincial, a través dunha resolución presidencial, de 29.980,76 € con obxecto á mellora da pavimentación nos camiños de Ventoselo e Fírveda. Esta achega vén enmarcada dentro da primeira das súas liñas, a dedicada a investimentos.

Esta contía vénse sumar ás outras xa aprobadas ao abeiro desta liña 1 do Plan Concellos, por un importe total de 263.155,92 € para o ensanche e mellora de pavimentos e drenaxes en Barcia de Seixo, a reforma do parque infantil en Verducido, a dotación da iluminación pública no polígono industrial, os muros de sostemento e pavimentación no Camiño das Chozas, a mellora dos accesos aos núcleos rurais de Barcia, Seixido e A Lama e a mellora de infraestruturas municipais na Lama, Gaxate e Xesta. Dentro da liña 3 –actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais– a Deputación xa ten destinado este ano á Lama un total de 17.169,19 € para actividades da Semana Cultural 2016. Así mesmo, destináronse 60.000 € na liña 2 para amortización de débedas e outros 87.539 € na liña 4 para a contratación de 14 traballadores e traballadoras nos servizos municipais.

Co 100% do investimento do Plan Concellos acadado, o concello da Lama recibe por parte da Deputación de Pontevedra unha achega total de 457.845,15 €.

29 de agosto de 2016 | 17:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.