Un tramo do carril esquerdo da Avenida da Habana péchase ao tráfico polas obras da rúa Concello
As obras de urbanización da rúa Concello requerirán pechar ao tráfico durante dous días (mañá, mércores, 17, e pasado mañá, xoves, 18 de agosto) o carril esquerdo da Avenida da Habana, no tramo comprendido entre a rúa Florentino Cuevillas e a Praza de Concepción Arenal. O corte, que comezará ás 8:00h de mañá, é preciso para poder realizar a acometida definitiva da rede de saneamento existente, na prolongación da Avenida da Habana cara á Praza de Concepción Arenal.











