publicidade hoxe

Últimos coletazos a Escola de Verán de Ribadumia con actividades ca Cruz Vermella

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que entre as últimas actividades que se están realizando na Escola de Verán antes do seu remate a principios de setembro, están diversos talleres que se están realizando en colaboración coa Cruz Vermella.

Un tivo lugar o pasado día 18 de agosto e outro no día de onte, 25 de agosto, durante estes talleres levaronse a cabo actividades para favorecer a concenciación dos nenos respecto o coidado do medioambiente.

No día de onte a actividade centrábase nas 3 R, reciclaxe, reducción e reutilización, onde os nenos a través do uso de diversos materiais, en este caso cartóns de ovos construíron xoguetes para a súa diversión.

En este sentido a próxima semana terán lugar novas actividades para comezaro co colofón final da Escola de Verán 2016, xa que terá lugar unha celebración de fin de curso.

26 de agosto de 2016 | 18:16 • Sen comentarios

Comentarios pechados.