publicidade hoxe

Tomiño recibe 27.000 euros do Plan Concellos para a pavimentación dun viario

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraTomiño
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, a través dunha resolución presidencial, vén de aprobar a achega de 27.722,10 € ao concello de Tomiño con destino á pavimentación do viario municipal TOM-036, no núcleo do Seixo. Esta partida intégrase dentro da liña 1, investimentos, do Plan Concellos 2016.

Esta nova dotación do Plan Concellos engádese ás anteriores concedidas polo Goberno provincial. Concretamente, 839.835,61 € en liña 1 para un saneamento en Carregal de Abaixo, o saneamento nos núcleos de Camiño Novo, Pazos, Rexidouro e A Val, así coma a conexión coa fase IV do saneamento na vila, a adquisición dun vehículo para o servizo de Medio Rural, a reforma e mellora da accesibilidade no Salón de Plenos do Concello, a reforma do patio interior da Escola Infantil municipal, a construción dunha pista de atletismo na área deportiva de Mosteiro e o acondicionamento da zona verde do espazo “O Regatiño”. Ademais, en liña 4, foron destinados 219.405,48 € á contratación de 25 traballadoras e traballadores nos servizos municipais do concello.

A Deputación provincial xa entregou ata o momento o 87,9% dos presupostos destinados a Tomiño ao abeiro do Plan Concellos 2016, acadando un total de 1.086.963,19 € investidos.

19 de agosto de 2016 | 18:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.