Soncello Quartet amenizará a noite deste xoves en Arzúa
O programa de concertos ao aire libre que enche de música e cultura as nosas rúas e espazos públicos, programado polo Departamento de Cultura do Concello de Arzúa para o mes de agosto, está resultando todo un éxito, avalado polo numeroso público que xa desfrutou das dúas primeiras actuacións.
O ciclo denominado ‘En aberto’ terá continuidade mañá, xoves 18, co concerto de ‘Soncello Quartet’; un conxunto formado por catro violoncellistas de Galicia: Juanjo Díez, Jimena Andión, Laura Juncal e Rebeca Lemos. ‘Soncello Quartet’ abarca todo tipo de repertorio, desde clásico ata o máis heavy ou pop dos oitenta. Con ilusión e innovación presentan un concerto cun estilo diferente na plazoleta da Rúa das Dores ás nove da noite e con carácter gratuíto.
O ciclo de música na rúa ‘En aberto’ pechará o xoves 25 cunha última actuación do grupo ‘Antonio Seijo & Skylight’. Este conxunto está liderado por Antonio Seijo, ex compoñente de Milladoiro e calificado como o violinista galego máis internacional do momento. Interpretarán temas dos anos oitenta, noventa e galegos na Praza de Galiza.