publicidade hoxe

Seis persoas feridas nunha colisión múltiple en Sanxenxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSanxenxoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un total de seis persoas resultaron feridas a última hora do martes nun accidente de tráfico múltiple que tivo lugar na localidade pontevedresa de Sanxenxo. Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 23,20 horas no lugar da Revolta, cando dous vehículos que estaban a circular chocaron entre eles e terminaron chocando contra un terceiro turismo estacionado. Até o lugar foron mobilizados efectivos do GES de Sanxenxo, dos Bombeiros do Salnés e da Policía Local, así como persoal sanitario do 061.

31 de agosto de 2016 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.