Santiago Futsal e Area Central presentan o torneo ‘Área Futsal’
Santiago Futsal e Area Central organizan o primeiro torneo e campus unificado do fútbol sala en Santiago de Compostela. Unha semana para que, tanto nenos como maiores, podan gozar dun dos deportes máis reclamados da cidade nun escenario privilexiado como son as instalacións do Centro Comercial Area Central, antes do comezo de curso.
Do 3 ao 10 de Setembro, o C.C. Area Central acollerá 2 pistas de fútbol sala nas que se celebrará, en horario de mañá (10h-14h), un campus de fútbol sala no que poderán participar todos aqueles nenos e nenas de entre 3 e 11 anos. Oito días de adestramentos e actividades dirixidas polos monitores do Santiago Futsal. A inscrición no Campus terá un custo de 50€ xeral e 45€ para os xogadores das escolas base do Santiago Futsal. Todos aqueles interesados poderán anotarse nas oficinas do Santiago Futsal e no número de teléfono 981 11 50 38 (10h-14h).
Xa en horario de tarde celebrarase a gran aposta deste ‘Área Futsal’: un dobre torneo de fútbol sala 3×3 para nenos e adultos. Durante toda a semana e en horario de 16.30h a 19.30h para categorías base, e de 19.30h a 21.30h para categoría adulto, disputaranse diversas liguiñas con eliminatoria, que determinarán aos finalistas do sábado día 10 de Setembro (en horario de mañá, aínda por confirmar). Ademais, como inauguración do torneo, o sábado día 3 as 12:30 da mañá, asistirán os xogadores do primeiro equipo do Santiago Futsal, quenes realizarán unha exhibición ante os asistentes á apertura do ‘Área Futsal’.
A inscrición e participación no torneo será totalmente de balde e o prazo para anotarse comezará no día hoxe e finalizará o xoves 1 de Setembro. As inscricións poderán realizarse nas oficinas do Santiago Futsal, así como tamén poderá descargarse o formulario na web do club www.santiagofutsal.com e enviarse correctamente cumprimentado á dirección de correo administracion@santiagofutsal.com.











