publicidade hoxe

Ribadumia aumenta os esforzos para a xestión de expedientes de limpeza de fincas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia informa que dende o comezo da época estival, e por tanto da posta en alerta por posibles incendios, levouse a cabo o rexistro de preto de 25 reclamacións por parte dos veciños e do propio concello para a limpeza de fincas en estado de descoido ou abandono.

Algúns destes expedientes levaban en estado de xestión dende 2015 e algúns incluso dende antes.

Respecto ós mesmos o Concello entende a importancia de resolver ditas xestións e reclamacións con premura debido a insalubridade que supoñen cando os colindantes son vivendas habitadas, debido a xeración de insectos, roedores e vexetación.

Deste xeito o 20% das solicitudes, as cales viñan de exercicios anteriores foron resoltas de xeito satisfactorio, incluíndo aquí propiedades por exemplo que se atopaban en estado de adxudicación ou que os propietarios residen fora do país de xeito habitual.

E outro porcentaxe similar supoñen as respostas positivas das notificacións enviadas neste exercicio por primeira vez.

Deste xeito e perseguindo a concienciación de todos os veciños e veciñas de Ribadumia, así como de foráneos que teñan propiedades no Concello, chamamos a responsabilidade e importancia do mantemento de infraestruturas e limpeza de fincas de cara a colaborar na prevención de incendios e riscos de insalubridade.

30 de agosto de 2016 | 18:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.