publicidade hoxe

Reparado o cruceiro danado na Festa do Monte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+
Cruceiro xa reparado

Cruceiro xa reparado

Durante as pasadas Festas do Monte Santa Trega da Guarda, na zona coñecida como púlpito, resultou levemente danado un cruceiro. Dende o Padroado do Monte Santa Trega constatouse que non se producira rotura na pedra o que facilitaba moito a súa reparación. Visto que o dano consistía no desmonte da parte superior da cruz, que quedou suxeita por unha grapa de aceiro que serve de reforzo, a reparación resultou mais doada do previsto inicialmente.

Hai que ter en conta que os elementos patrimoniais de pedra teñen un proceso de reparación laborioso cando se produce rotura e que estas reparacións deben ser realizadas por especialistas na materia.

Dende o Padroado laméntase que se producira este incidente. Hai que ter en conta que a pesar dos miles de persoas que acoden a romaría, en xeral a xente está moi sensibilizada co patrimonio que atesoura o monte e sole ser moi respectuosa co mesmo.

Realizados os traballos de reparación do elemento patrimonial, dende onte mércores 24 de agosto, a cruz xa se atopa perfectamente rehabilitada.

25 de agosto de 2016 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.