publicidade hoxe

Remata o prazo para participar no Concurso de Carteis para a Festa do Marisco 2017

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Grove
A-
A+

As persoas interesadas en participar no tradicional concurso de carteis da Festa do Marisco poderán facelo ata o vindeiro venres, data na que remata o prazo de presentación segundo as bases aprobadas polo Concello do Grove. Trátase de realizar un orixinal para a a LIV edición da Festa do Marisco que se celebrará o vindeiro ano cumprindo os requisitos de que figure o anagrama da Festa (centola coa taza) e as datas da festa (do 5 ao 15 de outubro de 2017), ademais de incluír expresamente o nome da “Festa do Marisco. O Grove”.

Os carteis deberán se entregados nas oficinas do Concello antes das 14.00 horas do 2 de setembro e os autores optarán a un premio de 350 euros. As bases completas poden consultarse na seguinte dirección: http://www.turismogrove.es/pdfs16/concurso-carteles-fiesta-marisco-2017.pdf

30 de agosto de 2016 | 18:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.