Prohibicións de estacionamento con motivo do paso da Volta Ciclista a España
Con motivo do evento deportivo da Volta Ciclista a España 2016, recórdase que se procedeu á prohibición de estacionamento mediante sinalización circunstancial nas seguintes rúas necesarias para o correcto desenvolvemento de dita proba:
– Rúa Castelao, dende rúa Escalinata da Estación cara a Ronda Muralla
– Rúa Vilalba
– Rúa Anxo López Pérez
– Ronda Muralla (todo o perímetro)
– Avenida da Coruña, dende Ronda Muralla cara a rúa Irmáns Carro
– Rúa Concepción Arenal
– Rúa Anduriñas
– Rúa Camiño Real, dende rúa Concepción Arenal cara a Ronda Muralla
– Rúa Ourense, dende Ronda Muralla cara a rúa Betanzos
– Rúa Mondoñedo
– Rúa Pontevedra
– Carril bus-taxi interior muralla (todo)
– Praza de Ferrol (todo o perímetro)
Incidir que a prohibición de estacionamento faise efectiva dende as 16:00 horas do día 23 de agosto de 2016, motivo polo cal, dende dita hora, procederase por parte da Policía Local á retirada de todos aqueles vehículos que se atopen nas zonas sinaladas.
Aqueles que estivesen estacionados previamente á instalación de dita sinalización e se atopasen correctamente estacionados, serán trasladados sen cargo algún ás inmediacións do edificio de Xefatura da Policía Local ou ao recinto do Parque da Milagrosa; cos demais, procederase como legalmente está establecido, sendo retirados ao Depósito municipal de vehículos, situado na Rúa dos Carros (Polígono del Ceao), con cargos ao responsable do mesmo.











