Permanece activo un incendio na parroquia de Riomao, na Veiga
A Xunta de Galicia informou da activación dun novo incendio forestal, fóra de control, no municipio da Veiga (Ourense), onde xa se atopa outro lume controlado desde as 19,30 horas deste mércores.
Neste caso, as chamas, que xa arrasaron máis de 20 hectáreas -superficie a partir da cal a Consellería de Medio Rural informa-, iniciáronse este xoves na parroquia de Riomao.
O lume que empezou na parroquia de Meixide, mentres, segue baixo control por parte dos medios de extinción, tras queimar unhas 150 hectáreas, aproximadamente.