publicidade hoxe

Permanece activo o incendio forestal en San Cristovo de Cea e controlado o lume de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSan Cristovo de CeaVerín
A-
A+
Europa Press

A Consellería do Medio Rural informou dun incendio activo na localidade ourensá de San Cristovo de Cea que, segundo as primeiras estimacións, calcinou xa unhas 170 hectáreas. Por outra banda, a Xunta deu por controlado o lume rexistrado en Verín e que este domingo obrigou a activar o nivel 2 de alerta pola súa proximidade a vivendas.

Segundo os datos de Medio Rural, permanece activo un incendio iniciado sobre as 19.23 horas do domingo na parroquia de Oseira, no concello ourensán de San Cristovo de Cea.

No control do lume participa un técnico, sete axentes forestais, 31 brigadas, 15 motobombas, tres pas, cinco helicópteros e tres avións. A superficie afectada é dunhas 170 hectáreas.

Por outra banda, sobre as 1,40 horas da madrugada deste luns deuse por controlado o incendio iniciado ao fío das 18,00 horas do domingo na parroquia de Tintores, en Verín. O lume, que obrigou a activar o nivel de alerta 2 durante algunhas horas, afectou a 36 hectáreas.

Nos labores de extinción participan dous técnicos, sete axentes, 16 brigadas, sete motobombas, unha pa, sete helicópteros e sete avións.

29 de agosto de 2016 | 10:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.