Perigo! O Demo percorrerá as rúas e prazas de Pontevedra o próximo martes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedra
A-
A+

O Demo co seu séquito volverán a percorrer as rúas e prazas do centro histórico o próximo martes, 23 de agosto, día de San Bartolomeu facendo burlas, xogos e trasnadas e asustando a xente tendo nos máis pequenos o seu principal obxectivo. Estalos, música e un terrorífico bo humor acompañarán ao Demo a quen os nenos e nenas tentarán arrancarlle o rabo.

O Diabro fará dous percorridos saíndo dende os Arcos de San Bartolomeu: o primeiro ás 12 do mediodía e o segundo ás 20.00 horas.

Non serán as únicas citas da xornada. As 21.00 horas celebrarase o Concerto de San Bartolomeu na praza de José Martí a cargo da Banda de Música de Salcedo (BMS). E ás 21.30 dará comezo a Foliada do Demo na praza de Curros Enríquez, A Foliada do Demo recrea as festas dos anos 50 do século pasado cando o Demo comezou a escaparse polas rúas e prazas da cidades, polo que dende a Concellería de Festas se fai un chamamento a que xente participe vestida de época.

A música e a animación estará a cargo do grupo Os Chichisos, que dende hai sete anos e en colaboración co Concello de Pontevedra organizan a foliada. Neste ocasión compartirán responsabilidade coa Orquestra O Fiadeiro de Vigo

19 de agosto de 2016 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.