Os técnicos da Madroa fortalecen a súa formación no II Curso Denominación de Orixe Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

As Instalacións Deportivas do Celta están a ser escenario estes días do II Curso Denominación de Orixe Celta, unha actividade que durante catro xornadas ofrece charlas didácticas a técnicos das categorías inferiores do RC Celta.

O Director de Canteira e coordinador destas xornadas, Carlos Hugo García, foi o encargado de inaugurar o curso este martes cunha charla titulada ‘Espírito Celta’ que pechou o delegado do equipo Celta Integra, Francisco Díaz Fontenla, cun coloquio sobre a superación. 

O resto de conferencias abarcan diversos temas e corren a cargo de profesionais do RC Celta como o responsable de metodoloxía Eduardo Covelo, o psicólogo Joaquín Dosil, o director deportivo Felipe Miñambres, o adestrador celeste Eduardo Berizzo ou o coordinador de categorías inferiores desde benxamíns até infantís Álex Otero.

Ademais, este ano o Curso Denominación de Orixe Celta contou cunha colaboración externa. Carmela Cuevas, controller de xestión comercial de Zara, charlou este xoves cos asistentes sobre as “Claves de Éxito de Zara” nunha xornada na que tamén estivo presente o presidente do RC Celta, Carlos Mouriño.

O RC Celta e a súa Fundación continúan traballando para dotar de novas ferramentas e coñecementos aos técnicos e profesionais que cada día desenvolven o labor de fútbol base da entidade celeste.

18 de agosto de 2016 | 19:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.