Os abonados do Rio Natura Monbus Obradoiro gozarán de dúas invitacións extra para partidos
Un partido menos, dúas invitacións máis. É a decisión que tomou o Rio Natura Monbus Obradoiro para beneficiar aos seus abonados despois de que este ano a liga Endesa conte con dezasete equipos no canto de dezaoito.
Todos os abonados terán dereito a dúas invitacións en Tribuna 2 para un dos tres primeiros partidos como local do equipo na liga Endesa 2016/17. Os equipos que visitarán o Fontes do Sar nas tres primeiras xornadas en casa son o Laboral Kutxa Baskonia (1 e 2 de outubro), equipo que vén de xogar a Final Four a pasada tempada, o Movistar Estudantes (9 de outubro) e a Valencia Basket (22 e 23 de outubro), que competirá na Eurocup.
Lembramos que os Amigos da Fundación Heracles tamén dispoñen doutras dúas invitacións, acumulables a estas en caso de ser tamén abonados.
As invitacións poderanse retirar presencialmente na oficina do club ao longo da semana do partido que se escolla. No caso de que algún abonado de fóra de Santiago de Compostela non poida achegarse de maneira presencial para retirar as entradas poderá chamar por teléfono (981 558 448) ou enviar un correo electrónico a abonados@obradoirocab.com .











